Thursday 02 de May de 2024

O PSOE de Tordoia cualifica de electoralista a sinatura da aprobación definitiva do PXOM


 

Carlos García reafirma o seu apoio a que Tordoia conta cun PXOM, pero preguntará en Pleno “por que a día de hoxe non temos nin existe ningún documento no Concello que acredite o visto e prace á documentación presentada”

O voceiro do PSdeG-PSOE de Tordoia, Carlos García, lamentou non poder acompañar á veciñanza no acto de sinatura da aprobación definitiva do PXOM de Tordoia “pero a seis meses das eleccións municipais, creo que sobran palabras para cualificar este evento”. Porén, García lembra que “dende o primeiro momento, os socialistas dixemos que queríamos un Plan Xeral porque é o que a veciñanza e as empresas de Anxeriz precisan. Dixemos que aceptaríamos calquera PXOM, sexa cal sexa ou como sexa”.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Tordoia presentou esta mañá un escrito no Concello no que xustifica a súa ausencia “por non ter, nin existir a día de hoxe ningún documento que acredite dita formalidade por parte de Urbanismo, unha vez contrastada a información co persoal funcionario do Concello. Non está nin o planeamento presentado nin o visto e prace á documentación presentada”. Unha documentación que será reclamada polo grupo municipal socialista na próxima sesión plenaria.

Carlos García agradece a visita da conselleira de Medio Ambiente e reitera as súas desculpas pola ausencia, “pero entendan que 11 anos a voltas co PXOM é moito tempo e iso de que xa tiñamos PXOM en Tordoia xa o escoitei en máis dunha ocasión”.